martes, 16 de mayo de 2017

XOGO DE PISTAS por BAIONA - Ciclo de Animación Sociocultural



XOGO DE CIDADE
O xogo comeza nas praias de Baiona, cunha pequena representación teatral para introducilo. O alumnado de ciclo representa a chegada de mariñeiros dunha das carabelas tras o descubrimento de América, e piden aos destinatarios axuda para chear o seu barco de víveres e outros obxectos necesarios para seguir coa súa viaxe. Ao final da representación se lle da a cada equipo un mapa co percorrido de sitios que deben visitar para conseguilo.

As diferentes probas son:

1. HISTORIA DUNHA VACA
Na zona de A Palma, cóntaselle ao alumnado a historia da detención dunha vaca no Concello de Baiona. Posteriormente, indícalles que teñen que representar a detención a polo menos un turista, cos disfraces proporcionados

2. BIBLIOTECA
Na nova biblioteca de Baiona, o alumnado debe seguir as pistas ata atopar nun dos libros unha explicación sobre a historia do antiguo edificio da biblioteca, e o mapa para ir ata el e resolver unha adiviña.

3. BUSCAR O BOI
Na muralla do Parador de Baiona, o alumnado deberá buscar un boi. Explicaráselles o significado e historia deste, e posteriormente deberán reproducilo con materiais do entorno e celo e corda que se lles proporcionará

4. IGREXA DA MISERICORDIA
Explícase a historia da elaboración da imaxe da Virxe e a reproducción desta imaxe posteriormente noutro material, que o alumnado deberá averiguar. Posteriormente, teñen que representar un paso coa imaxe da Virxe ata a seguinte proba.

5. PORTO PESQUEIRO
O alumnado deberá buscar diferentes letras agochadas e compoñer unha palabra que resposte á pregunta “Cal é a embarcación típica de Baiona?”. Terán que representar cos seus corpos a palabra, gamela.

6. CASA DE NAVEGACIÓN
Explicaráse a relación de Baiona coa navegación, e a proba consistirá na realización dun percorrido polo patio da Casa con moitos obstáculos, simbolizando a viaxe América- Baiona.

7. FONTE
Na fonte restaurada, explícase aos rapaces e rapazas que cando a fixeron, non recolleron un elemento que si que estaba na fonte vella. Deberán observar a fotografía da fonte vella e adiviñar cal é ese elemento, e posteriormente reproducilo na fonte nova con pistolas de auga.

8. LAVADEIRO
As responsables da proba dan extractos dunha canción tradicional en inglés. O alumnado debe ordenalos. Unha vez composta a canción, deben conseguir a alguén de Baiona que lles faga un ritmo de base (palmadas ou similar), mentres eles e elas cantan.

9. VIRXE DA ROCHA
Pechan aos diferentes grupos cando chegan no parque infantil, e non poderán saír ata que atopen unha nota coas pistas para facelo. Explícaselles a relación que a Virxe da Rocha ten coa Estatua da Liberdade. De ahí, diríxeselles ás arbores sequoya que hai no IES, para finalizar o xogo coa representación teatral de novo.

FINAL: durante todo o xogo se realizará o xogo do totem: indícase unha palabra que non se pode pronunciar (exemplo: NON), e cada vez que alguén a pronuncie, se lle colocará o totem (unha pinza). Hai un único totem por grupo, que se irá colocando á última persoa que pronuncie a palabra prohibida. Ao chegar ao IES, formaráse un novo grupo cos que teñan o totem de cada equipo, e terán que realizar unha proba. Posteriormente, pedirase a cada alumno/a que elabore o seu propio mapa de Gulliver (un plano de Baiona no que sitúen as cousas para eles/as máis importantes). Este mapa servirá como avaliación para ver se acadamos o obxectivo de que coñezan a paisaxe cultural de Baiona.

ENLACE aos proxectos dos alumnos/as: https://www.dropbox.com/share/folders