lunes, 12 de junio de 2017
UN HORTO NO CENTRO - 4º ESO B e a profesora MARGA
Os/as alumnos/as de 4º B crearon un horto no exterior do instituto no primer trimestre e o estiveron a cuidar o resto do curso. Ademáis, elaboraron unhas fichas do plantado que podes consultar aquí.
domingo, 11 de junio de 2017
CÓMICS SOBRE A NOSA PAISAXE - 1º ESO
Os/as alumnos/as de 1ºESO, coa axuda da profesora de galego Gracia Martínez, elaboraron unhas bandas deseñadas sobre elementos da paisaxe de Baiona. Enlace a todolos cómics: https://detodounpoucoblog.wordpress.com/category/lingua-galega/
sábado, 10 de junio de 2017
Suite BAIONA E O MAR- 3º ESO, Dpto. Música
O departamento de música -o sexa, Xabier Groba-, contribuiu ao proxecto "Redescubrindo a nosa paisaxe" coa a preparación dunha suite formada por catro temas que poñen de manifesto a importancia do mar na nosa paisaxe. Todos/as os/as alumnos/as de 3º de ESO estiveron a ensaiar as obras durante todo o curso para ofrecernos, o pasado 8 de Xuño, un entretenido concerto.
martes, 16 de mayo de 2017
XOGO DE PISTAS por BAIONA - Ciclo de Animación Sociocultural
XOGO
DE CIDADE
O
xogo comeza nas praias de Baiona, cunha pequena representación
teatral para introducilo. O alumnado de ciclo representa a chegada de
mariñeiros dunha das carabelas tras o descubrimento de América, e
piden aos destinatarios axuda para chear o seu barco de víveres e
outros obxectos necesarios para seguir coa súa viaxe. Ao final da
representación se lle da a cada equipo un mapa co percorrido de
sitios que deben visitar para conseguilo.
As
diferentes probas son:
1.
HISTORIA DUNHA VACA
Na
zona de A Palma, cóntaselle ao alumnado a historia da detención
dunha vaca no Concello de Baiona. Posteriormente, indícalles que
teñen que representar a detención a polo menos un turista, cos
disfraces proporcionados
2.
BIBLIOTECA
Na
nova biblioteca de Baiona, o alumnado debe seguir as pistas ata
atopar nun dos libros unha explicación sobre a historia do antiguo
edificio da biblioteca, e o mapa para ir ata el e resolver unha
adiviña.
3.
BUSCAR O BOI
Na
muralla do Parador de Baiona, o alumnado deberá buscar un boi.
Explicaráselles o significado e historia deste, e posteriormente
deberán reproducilo con materiais do entorno e celo e corda que se
lles proporcionará
4.
IGREXA DA MISERICORDIA
Explícase
a historia da elaboración da imaxe da Virxe e a reproducción desta
imaxe posteriormente noutro material, que o alumnado deberá
averiguar. Posteriormente, teñen que representar un paso coa imaxe
da Virxe ata a seguinte proba.
5.
PORTO PESQUEIRO
O
alumnado deberá buscar diferentes letras agochadas e compoñer unha
palabra que resposte á pregunta “Cal é a embarcación típica de
Baiona?”. Terán que representar cos seus corpos a palabra, gamela.
6.
CASA DE NAVEGACIÓN
Explicaráse
a relación de Baiona coa navegación, e a proba consistirá na
realización dun percorrido polo patio da Casa con moitos obstáculos,
simbolizando a viaxe América- Baiona.
7.
FONTE
Na
fonte restaurada, explícase aos rapaces e rapazas que cando a
fixeron, non recolleron un elemento que si que estaba na fonte vella.
Deberán observar a fotografía da fonte vella e adiviñar cal é ese
elemento, e posteriormente reproducilo na fonte nova con pistolas de
auga.
8.
LAVADEIRO
As
responsables da proba dan extractos dunha canción tradicional en
inglés. O alumnado debe ordenalos. Unha vez composta a canción,
deben conseguir a alguén de Baiona que lles faga un ritmo de base
(palmadas ou similar), mentres eles e elas cantan.
9.
VIRXE DA ROCHA
Pechan
aos diferentes grupos cando chegan no parque infantil, e non poderán
saír ata que atopen unha nota coas pistas para facelo. Explícaselles
a relación que a Virxe da Rocha ten coa Estatua da Liberdade. De
ahí, diríxeselles ás arbores sequoya que hai no IES, para
finalizar o xogo coa representación teatral de novo.
FINAL:
durante todo o xogo se realizará o xogo do totem: indícase unha
palabra que non se pode pronunciar (exemplo: NON), e cada vez que
alguén a pronuncie, se lle colocará o totem (unha pinza). Hai un
único totem por grupo, que se irá colocando á última persoa que
pronuncie a palabra prohibida. Ao chegar ao IES, formaráse un novo
grupo cos que teñan o totem de cada equipo, e terán que realizar
unha proba. Posteriormente, pedirase a cada alumno/a que elabore o
seu propio mapa de Gulliver (un plano de Baiona no que sitúen as
cousas para eles/as máis importantes). Este mapa servirá como
avaliación para ver se acadamos o obxectivo de que coñezan a
paisaxe cultural de Baiona.
ENLACE aos proxectos dos alumnos/as: https://www.dropbox.com/share/folders
jueves, 4 de mayo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
viernes, 24 de marzo de 2017
BOSQUE DE KOKEDAMAS
jueves, 16 de marzo de 2017
Take care of our planet - 3º ESO BIL
Moi relacionado ca paisaxe está o concepto da sustentabilidade. Os alumnos de 3º ESO BIL, xunto co profesor de inglés Ernesto, elaboraron uns posters ilsutrativos sobre o tema.
lunes, 6 de febrero de 2017
lunes, 16 de enero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)